Infografía e ilustración
Obxectivos da materia- Xénese, función e aplicación da imaxe infográfica nos medios de comunicación. Elementos para a súa definición e significación (BOE).
Na primeira parte, tratarase de formular as liñas mestras, as características e os condicionantes da imaxe infográfica, entendida como unha nova forma de presentar a información. Analizaranse os elementos que a distinguen e o proceso de elaboración desde a ideación, a recollida de datos, o esquema narrativo e a produción, así como a utilización que da infografía están a facer as publicacións impresas. Veremos a distinción entre o punto de vista decorativo e o informativo na preparación, presentación e función dos infográficos. Ademais, haberá unha aproximación entre a infografía e a imaxe, entre a infografía e o deseño gráfico, a infografía e a proposta estética, a infografía e a procura dunha síntese entre a percepción visual e a textual.
Na segunda parte, farase un percorrido polo material ilustrativo centrado, neste caso, nas viñetas, caricaturas, ilustración e cómic que aparecen nas páxinas dos xornais, distinguindo entre o concepto de opinión e de información. Farase un breve labor historiográfico, tanto dos xornais e revistas como dos autores que contribuíron cos seus traballos a entender a información de actualidade coma un elemento autenticamente visual, accesible ao lector e capaz de sintetizar ideas a través do humor e da ironía. Buscaranse as relacións de forma e contido na conxunción do paradigma visual e comunicativo.
Contidos1. A imaxe sintética: a infografía. Introdución: o universo icónico e a infografía. Definición. Orixe. Aplicacións. Características e funcións da infografía informativa. Precursores do infografismo informativo
2. Os infogramas no xornalismo impreso. Estrutura e elementos básicos dun infograma. Tipos, técnicas e estilos. Orientacións sobre o uso dos infográficos. A ética e os infográficos
3. A infografía na estrutura dos medios. O departamento de infografía nos medios impresos. Infografía e deseño gráfico. A concepción semántica e formal da infografía no proceso comunicativo. A imaxe e o texto na procura dun obxectivo informativo. Gráficos de axencia. Proceso de traballo nun xornal e nunha axencia especializada. Algúns autores de referencia e achegas na curta historia da infografía mundial e española
4. Eclosión da infografía en España. O ordenador como ferramenta de traballo. Guerra do Golfo e Xogos Olímpicos de Barcelona. Sinxeleza e impacto na primeira etapa da infografía. Perfil do infografista informativo
5. Tratamento da infografía na prensa galega. Análise do conxunto dos xornais galegos. Departamento de infografía, medios e persoal. As dificultades para abordar o traballo
6. A infografía nos soportes audiovisuais. Características e usos da infografía en Internet. Posibilidades da imaxe infográfica nas redes. Interacción, hipertexto e hipermedia. A dixitalización entendida como infografía. A infografía e a televisión
7. O gravado. Concepto e orixe. Distintas técnicas de gravado: xilografía, calcografía e litografía. O gravado e os medios escritos. Algúns gravadores importantes e as súas contribucións
8. A Ilustración. Definición e as orixes: calígrafos e iluminadores. Tipoloxías segundo a súa estrutura formal. Funcións da ilustración. A ilustración na prensa do século XIX: evolución e características. Da idea de decoración á de información e opinión
9. O humor gráfico. Concepto e características da viñeta gráfica. Orixes e evolución na prensa. As revistas de humor. Uso e funcións do humor gráfico nos xornais actuais
10. A caricatura. Orixe e definición. Características da linguaxe da caricatura. Elementos configurantes. Recursos do caricaturista. O papel da caricatura nas publicacións impresas na actualidade
11. O cómic. Definición da historieta. Linguaxe do cómic. A imaxe no cómic. O cómic e o xornalismo. O cómic como vehículo dunha narración documental contextualizada. Orixes e evolución da historieta mundial, española e galega
12. Panorámica da ilustración na prensa galega. Tratamento e función. Algúns ilustradores significativos
PROGRAMA PRÁCTICO
O alumnado formará pequenos grupos para formular debates sobre aspectos relacionados co programa en cada clase teórica. Tanto os debates como a participación continuada neles incluiranse na avaliación da parte teórica da materia. Ademais, cada quince días, os alumnos recollerán e presentarán na clase 2 infográficos, analizando e explicando a súa selección e a súa materialización.
As prácticas contemplarán dous tipos de traballos. Un dos días centraranse na planificación de infográficos a partir de teletipos e noticias de axencias e xornais. Os traballos entregaranse cada día ao remate da clase, o que significa que ao longo do cuadrimestre cada persoa matriculada na disciplina acumulará un total de 14 prácticas. O outro, dedicarase á elaboración de infográficos na sala de ordenadores multimedia utilizando os programas de debuxo e ilustración FreeHand e/ou Illustrator e Photoshop, dos que o alumnado debería ter uns coñecementos mínimos. Neste caso, o alumnado, ao remate do cuadrimestre, deberá ter entregado, partindo dos bosquexos realizados, 7 infográficos, e un final cun asunto de actualidade elixido polo alumno.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:
- Baudelaire, Charles: Lo cómico y la caricatura, Madrid, Antonio Machado Libros, 2001.
- Bozal, Valeriano: La ilustración gráfica del XIX en España, Madrid, Editorial Alberto Corazón, 1979.
- De Pablos, José Manuel: Infoperiodismo. El periodista como creador de infografía , Madrid, Editorial Síntesis, 1999.
- Merino, Ana: El cómic hispano , Madrid, Cátedra, 2003.
- Mijksenaar, Paul: Una introducción al Diseño de la información , Barcelona, Gustavo Gili, 2001.
- Peltzer, Gonzalo: Periodismo iconográfico , Madrid, Ediciones Rialp, 1991.
- Valero Sancho, José Luis: La infografía. Técnicas, análisis y usos periodísticos , Valencia, Universitat de Valencia..., 2001.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Aguilera, M de e Vivar, H (ed.): La infografía, las nuevas imágenes de la comunicación visual en España , Madrid, Fundesco, 1990.
- Barbieri, Daniele: Los lenguajes del cómic, Barcelona , Paidós, 1993.
- Bertin, Jacques: La gráfica y el tratamiento gráfico de la información , Madrid, Taurus Ediciones, 1988.
- Bettetini, Gianfranco e Colombo, Fausto: Las nuevas tecnologías de la comunicación , Barcelona, Paidós, 1995.
- Buján, Daniel: O gravado , Santiago de Compostela, Andel/Xunta de Galicia, 1995.
- Canga Larequi, Jesús: El diseño periodístico en prensa , Barcelona, Editorial Bosch, 1994.
- Cebrián Herreros, Mariano: Información audiovisual: concepto, técnica y aplicaciones , Madrid, Editorial Síntesis, 1995.
- Contreras, Fernando R.: Nuevas fronteras de la infografía. Análisis de la imagen por ordenador , Sevilla, MERGABLUM, 2000.
- Costa, Joan: La esquemática. Visualizar la información , Barcelona, Paidós,1998.
- Eco, Umberto: Apocalípticos e integrados , Barcelona, Editorial Fábula/Lumen/Tusquets, 1995 (1ª edición, 1968).
- El-Mir, Amado José; Lallana García, Fernando, e Hernández González, Rafael: Diseño, color y tecnología en prensa , Barcelona, Editorial Prensa Ibérica, 1995.
- Fernández Paz, Agustín: Para lermos cómics , Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1989.
- Gauthier, Guy: Veinte lecciones sobre la imagen y el sentido , Madrid, Cátedra, Colección Signo e imagen, 1992. 2ª edición.
- Gombrich, E.H.: Los usos de las imágenes. Estudios sobre la función social del arte y la comunicación visual , Barcelona, Debate, 2003.
- Groupe µ: Tratado del signo v isual, Madrid, Cátedra, Colección Signo e imagen, 1993
- Gubern, Romá: La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas , Barcelona, Editorial Anagrama, 2005.
- Gubern, Romá: Del bisonte a la realidad virtual. La escena y el laberinto , Barcelona, Editorial Anagrama, 1996.
- Guía de los números, La: The Economist, Madrid, Ediciones del Prado.
- Ivins jr., W.M.: Imagen impresa y conocimiento , Barcelona, Gustavo Gili, 1975.
- López Socasau, Federico: Diccionario básico del cómic , Madrid, Acento Editorial, 1998.
- Marín, Xaquín: O abc do cómic , A Coruña, Bahia Edicións, 1995.
- Martín Aguado, José A.; Armentia Vizuete, José I.: Tecnología de la información escrita , Madrid, Editorial Síntesis, 1995.
- Martín Aguado, J.; Piñuela, A. e González Díez, E.L.: Tecnologías de la información impresa , Madrid, Editorial Fragua, 1993.
- Moles, Abraham: La imagen didáctica, Barcelona, Editorial CEAC, 1991.
- Moles, Abraham e Luc Janiszewski: Grafismo funcional , Barcelona, Editorial CEAC, 1990.
- Santis, Pablo de: La historieta en la edad de la razón , Barcelona, Paidós Postales, 1998.
- Varios: Videoculturas de fin de siglo, Madrid, Cátedra, 1996.
- Villafañe
CompetenciasO alumnado poderá analizar as modalidades expresivas da infografía no soporte papel. Establecerá as pautas de realización e entenderá as formas de combinar as distintas linguaxes para conseguir a comunicación co lector. Coñecerá os estilos e as características dos infográficos e os seus estilos de construción, segundo os distintos medios de comunicación impresos.
Distinguirá tamén as modalidades e formas de presentación da ilustración, caricatura, humor gráfico e cómic. Diferenciará obxectivos e maneiras de elaboración, así como as pautas dos distintos autores que servirán como referencia.
O alumnado realizará pezas infográficas nas que incorporará os elementos significativos que permiten ofrecer a información necesaria, tanto visual como textual, xogando cos recursos e as posibilidades que permite a tecnoloxía.
Metodoloxía da ensinanzaO alumnado formará pequenos grupos para expor debates sobre aspectos relacionados co programa en cada clase teórica. Ademais, cada quince días, os alumnos recollerán e presentarán na clase 2 infográficos, analizando e explicando a súa selección e a materialización. Tanto os debates, exposicións e a súa participación continuada incluiranse na avaliación da parte teórica da disciplina.
As prácticas contemplarán dous tipos de traballos:
* Un dos días, centraranse na planificación de infográficos a partir de teletipos e noticias de axencias e xornais. Os traballos entregaranse cada día de clase, o que significa que ao longo do cuadrimestre cada persoa matriculada na materia acumulará un total de 14 prácticas. Á semana seguinte devolveráselle o traballo revisado e cualificado, o que permitirá o intercambio de opinións e precisar as correccións.
* O outro, dedicarase á elaboración de infográficos na sala de ordenadores multimedia. Neste caso, o alumnado, ao remate do cuadrimestre, deberá ter entregado, partindo dos bosquexos realizados, 7 infograficos, e un final cun asunto de actualidade elixido polo alumno. A medida que vaian realizando os infográficos, procederase a súa revisión coa posibilidade de rectificar erros.
A metodoloxía é flexible, polo tanto está aberta a cambios e modificacións de acordo cos intereses e coas expectativas do alumnado matriculado nela. Así que se xorden ideas ou propostas novidosas que se poidan desenvolver nas clases teranse en conta, xa que a universidade debe ser un contorno de experimentación.
Sistema de avaliación da aprendizaxeSerá a nota media resultado da cualificación obtida nas clases prácticas ou da proba, se fora necesario realizala, e na proba teórica, centrada nos contidos do programa, na que haberá que responder a dez preguntas curtas. Cada pregunta respondida correctamente será cualificada cun punto. Á nota do exame, engadirase a puntuación obtida nos debates e nas explicacións dos infográficos recollidos.
A nota da parte práctica recollerá as puntuacións obtidas polo alumnado tanto nos guións/bosquexos dos infográficos como no propio infográfico xa elaborado no ordenador. Terase en conta a idea, a estrutura, a distribución dos elementos, a claridade expositiva, a falta de erros e a facilidade de uso.
A parte práctica e a parte teórica teñen que estar superadas para poder obter a media correspondente.
As persoas que teñan que presentarse en setembro deberán realizar o mesmo traballo práctico, polo que terán que realizar guións/bosquexos de noticias e logo elaboralos no ordenador, e no mesmo número que ao longo do cuadrimestre. Tamén realizarán o exame teórico coa mesma estrutura.
A parte práctica e a parte teórica teñen que estar superadas para poder obter a media correspondente.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superalaTotal: 90 horas, das que 60 corresponden á planificación docente da materia.
Recomendacións para o estudo da materiaAnálise crítica da estrutura formal e do contido do material infográfico e do material vinculado á ilustración que se recollen nas publicacións impresas, na televisión e en Internet, co obxecto de aprender a estudar os elementos que distinguen os distintos tipos de construción informativa.
ObservaciónsEste programa pode ser modificado segundo os intereses e expectativas do alumnado, así como en consonancia coas novidades que se poidan producir e que, pola súa actualidade, se incorporarán aos seus contidos. Un programa ten que ser maleable para irse adaptando aos acontecementos no contorno infográfico e da ilustración.