O primeiro infográfico fai referencia a como se reparte porcentualmente o paro en España segundo a idade e o sexo. O INE, a través da EPA, só ten en conta catro grupos de idade: dos 16 aos 19 anos; dos 20 aos 24; dos 25 aos 54 e dos 55 en diante. Así, a maioría dos parados (igual que a poboación activa), está na franxa de idade dos 25 aos 54.
Buscarei outros estudos nos que as franxas de idade sexan máis pequenas, para ver como afecta realmente o paro ás mulleres e aos homes segundo a súa idade.
Neste outro gráfico móstrase o número de traballadores que perderon o seu posto por mor dun ERE en Galicia, desde abril de 2008 ata setembro deste ano.
O dos eres en Galicia parece unha información interesante que completa as cifras de parados e proporciona uha visión sobre a situación económica, en xeral.
ResponderEliminarÁs veces resulta máis efectivo introducir o gráfico cun pequeno apunte de contextualización e traballar cun título curto, directo, expresivo...
marotlo