martes, 1 de diciembre de 2009

IPI

Aquí deixo o pouco que se me ocorreu para o infográfico da crise. A verdade é que non quería facer o mesmo que fixera Xaquín, nin tampouco pór un mapa de Europa así sen máis.
O problema está en que as cifras son as cifras, e nestes casos hai poucos xeitos de representalas nunha gráfica.

Na miña primeira opción, despois de desbotar a idea do mapa de Europa e de tentar facer algo diferente ao que de Xaquín, saíu isto, que non deixa de ser unha táboa un pouco adornada.

O que fixen foi pór en contraste a variación do IPI da Zona Euro coa de España. Se hai un incremento do IPI, a cifra está en verde; se descende, en vermello. Ademais tamén hai uns pequenos comentarios.

De todos os xeitos, e como xa dixen, isto non ten aspecto de infográfico, así que fixen outro cos mesmos datos.

O que tentei foi que se puidese ver a diferenza de valores, a súa distancia e evolución diferente.

Facer infográficos non é nada doado. E non o digo só polo seu deseño en si (que á vista está que o debuxo non é o meu forte, malia que hei de dicir na miña defensa que non teño o material axeitado), senón que o digo especialmente polo contido. Ou sexa, que se vai contar e logo como o imos contar, e non ao revés. Se o que vas contar non é atractivo ou interesante, por moito que o adornes, seguirá carecendo de interese.

1 comentario:

  1. Ó mesmo que no anterior comentario. Resolve moitas cousas o lembrar que podemos facilita unha breve narración para contextualizar os datos, as cifras, os elementos do infográfio.
    marotlo

    ResponderEliminar