Aquí vos deixo un infográfico curioso tirado de El Economista do venres 6 de novembro de 2009.
Nel represéntase un almanaque bursátil ao estilo dos antigos calendarios gregorianos.
Os datos corresponden ao feche de cada mes do Ibex 35 do parqué español.
O infográfico chama a atención polas súas imaxes de estilo medieval. Porén, non é un gráfico especialmente ilustrativo.
É un exemplo máis do infografismo como ilustración. Aínda que cómpre recoñecer que orixinal é.
Ademais, acaso aqueles antigos almanaques ilustrados non eran verdadeiros exemplos de infografía?
Tendes que facer os guións dos infográficos en flash, porque Fran vai estar como moito unha semana maís. Lembrade que o martes próximo empezamos os debates. é unha mensace para todo o mundo.
ResponderEliminarlembrade que tendes que participar todos en todos os blogs.
marotlo
Aquí deixo un enderezo no que se traballa con formas gráficas para representar perspectivas de Portugal.
ResponderEliminarhttp://www.shapesofportugal.com/sop/
Artigo de Gonzalo Peltzer sobre Nuevo periodismo. É interesante
http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2954789
marotlo
Insisto (é unha mensaxe para todos e todas) tendes que ler o material que vos deixei para poder utilizar, por exemplo, nas análises dos infográficos, a tipoloxía que se recolle nos mesmos de Peltzer e outros aspectos como unha pauta de análise e os temas básicos dos que poder partir para ir entendendo a pouca teoría que hai sobre a materia.
ResponderEliminarmarotlo
Revisión dos seguintes artigos:
ResponderEliminarGonzalo Peltzer: Nuevo periodismo y periodismo con futuro (é un pdf que aparece ben, pero non vexo o enderezo)
Andreu coll Blackwell: Recordando a Raymond Williams,
http://ddd.uab.cat/pub/enrahonar/0211402
Xn28p33.pdf
Pilar Giménez Armentia: Una nueva visión del proceso comunicativo: la teoría del enfoque (framing),
http://www.ufv.es/docs/comyhom2estudio3.pdf
Lembrade que se agota o tempo do taller de flash.
marotlo
Cando incorporedes os traballos ós blogs, por favor, fragmentade o texto, dividídeo para que sexa máis manexable.
ResponderEliminarTendes que engadir as conclusións do debate que se mantivo na clase. Lembrade que hai que participar nas bitácoras. Hai que usalas aló menos unha vez por semana e cada un dos membros do grupo. Non son un adorno. Son unha ferramenta de traballo.
Hai que facer o boceto sobre a crise económica e o boceto sobre o paro. Son as propostas feitas por Xaquín.
Tamén quero que poñades na bitácora as ideas e cuestións relacionadas coa charla con Xaquín, así como plantexar preguntas, suxestións, dúbidas e que comentedes os bocetos que estades a facer e que manteñades nos blogs o diálogo sobre os debates das clases do martes, que, por certo, son para que asistamos todos e todas.
A asignatura engloba:
- revisión rápida dalgúns programas (agás flash)
- elaboración de bocetos de infografías sobre noticias (ata o de agora levamos, canon, xamón, crise económica, paro)
- realización dos focetos no ordenador
- construcción e mantenemento das bitácoras
- traballo teórico con debate posterior sobre aspectos vencellados co programas.
E estos puntos son para todos e todas e todas a semanas. Agardo non ter que recurrir ó apuntamento de nomes.
marotlo
Mirade de resolver a liña vertical de texto á dereita da imaxe, non se visualiza ben.