jueves, 21 de enero de 2010

Todo chega ao seu fin

Teño moi pouco tempo para subir este comentario, xa que o tempo se me bota enriba.
Quixera poder escribir máis sobre esta materia que agora rematamos, pero os prazos de entrega son estritos, máis do que pensei hai uns días.
Que podo dicir da materia de Infografía e Ilustración? Que nun cuadrimestre non se pode facer moito, especialmente se andamos á porfía entre a técnica e a tecnoloxía.
Eu, e coma min moitos, non tiña nin idea de utilizar ningún dos programas que empregamos nas aulas (Flash, Photoshop, Illustrator). E teño que dicir que os coñecementos que agora teño destes programas, non de todos, son grazas aos tutoriais de Youtube. O que fixemos nas aulas foime útil, claro que si. Non podo esquecer a mestría de Fran, que coido que sabía máis do tema do recomendado. E tampouco da profesora (que non lle gusta que o seu nome apareza), que vaia, púxolle empeño.
Pero vamos a ser realistas. Isto era para algo máis dun cuadrimestre.
O capador mentres capa non asubía. E entre capas e interpolacións de movemento rematei por aborrecer uns programas que non acababa de entender e dos que non tiña tempo abondo para practicar na casa.
Só a necesidade de ter que entregar as prácticas finais fixo que me puxera en serio e, o resultado, vaia por deus.

A visualización da información non é un tema baladí. Coido que nunca me enfrontei a retos tan inalcanzables para min. Cando un redacta, mal que ben, un pode ir escribindo e darlle unha voltas ata que lle quede algo medianamente coherente e ata resultón.
Pero, no caso dunha infografía, cómpre ter os conceptos claros desde o principio. Senón, é como empezar unha casa polo tellado. Os alicerces de calquera infografía son os datos. Esa é a clave. De nada serve que saibas facer marabillas cos programas de deseño se despois non fas máis que enfeitar esterco con purpurina.
Aí está o erro. Catro meses (lectivos) para aprender non só a empregar os programas, senón tamén saber visualizar a información, ser analítico para ser sintético. Resumir os datos na súa expresión icónica máis sinxela.
Evidentemente, nin estaba acostumado a traballar a dous tempos e, teño que recoñecelo, definitivamente creo que a infografía non é o meu.

De todos os xeitos agora penso que puiden facer máis. Ver que era o que se cocía neses mundos do deseño, da ilustración e da infografía.
Coido que tamén a profesora agardaba algo máis de todos nós. Supoño que pensaría que iamos ser máis activos e creativos.
Ao respecto teño que dicir que pola miña parte non foi así.

Da materia digo o do principio, moita cousa entre programas e teoría (sempre e cando queiras enterarte un pouco do que estás a estudar).
Estes programas non se aprenden en dous días.
E teño que dicir que o curso de Flash non chegou no mellor momento.
Aparte de que non puiden asistir por motivos de incompatibilidade coas prácticas, as datas eran moi próximas ás do período de exames.
Senón, seguro que podería ir maís xente, e non só os da facultade, porque falei con xente de fóra da facultade que estaba interesada, pero nunhas datas tan achegadas aos exames non poderían asistir.

En fin, xa son horas de ir rematando.
Ogallá facer un infográfico fose tan doado como escribir este texto (pobre e feito ás presas).

Remato xa.
Pola miña banda, a participación neste Infilus rematou.
Ata máis ver.

11 comentarios:

  1. Para Moisés
    Canon. A que se refiren os datos? A que se refire o monopolio? Todos os datos corresponden á Comisión Nacional da Competencia. Partindo desta última información poderías ter feito un relato flashback, pero claro explicando que é o canon, senón todo o demais queda fóra de contexto.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Café. Sen palabras. ¿onde se da esa variedade? ¿en Italia? Está ben usar a Wikipedia, non hai que facerlle caso aquelas voces que a queren desprestixiar, pero habería quizáis habería que buscar outra fonte. Aínda que, neste caso, ó mellor non sería moi imprescindible. Tamén ó mellor estaría ben saber as porcentaxes dos ingredientes.
    ------------------------------
    Canon. Non hai sistema de navegación. Nin siquera é un relato lineal. Hai unha obriga a percorrer un único sentido. Porque hay que pagar por esos obxectos, que é, quen o cobra, quen se beneficia, quen se perxudica, etc. O canon xa estamos pagando. Non deberíamos usar personalización. Nosotros non somos protagonistas. Falta a fonte.
    Queixos. Sen sistema de navegación. É complexísima a navegación. Nin siquera é un relato lineal. Hai unha obriga a percorrer un único sentido. Os mapas, aínda que sexa o galego, requiren unha identificación xeográfica, senón non teñen utilidade. Hai que precisar a zona, poñerlle nomes. A música de fondo, como comentou Fran, non é un bó recurso agás que se poida desconectar, é dicir, que se incorpore un reproductor.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Para Andrea
    Queixos. En PSD, problemas. A distribución dos apartados podería ser máis uniforme. Os mapas non se visualizan ben e deberían identificar cos nomes.
    Celiacos. En PSD, problemas. Problemas de fontes. A distribución dos apartados podería ser máis uniforme. Innecesarios os signos de interrogación. Correcto.
    ---------
    Queixos. Non hai un sistema navegación permanente. Usa botón, atrás.
    O canon é un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Para Clara
    - Paro. No es evolución, más bien es comparación. Quizás la leyenda estaría mejor algo más pequeña. Y también sería más eficaz, reducir un poco más el texto. A veces, de acuerdo con los datos, es necesaria una contextualización de los mismos, pero siempre buscando una información sintética, precisa y clara. Y los iconos son demasiado grandes. A lo mejor podrían jugar un papel informativo si sustituyeran las barras del gráfico. Así son un simple adorno, y como tal, excesivamente grandes.
    - Chanel. Erros gramaticais. A imaxe de fondo obstaculiza a lexibilidade do traballo. En realidade datos da súa evolución e do seu imperio non hai ningún. Só parece que fixo, Chanel nº 5. Ademais nun lado aparecen 3 colores e noutro, aparecen 2.
    -----------------------------------
    - Canon. A imaxe estilo monopoly, non entendo que fai e cal é a súa función e utilidade. Os números condicionan unha navegación secuencial, non sei o que hai detrás deles, e así o contexto do canon, qué é e por qué, aparecen en último lugar. Sempre é necesario situar ó lector na paisaxe ou dalle as claves para que saiba de que vai o relato informativo. Hai que pensar como xornalista. Ademais é tan pequeño que é difícil ler os contidos.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    - Queixo. Ten a mesma estrutura que o anterior. Son os 2 copia da inferfaz de Fran, pero sen readaptación ós seus contidos. Ten os mesmos problemas que o anterior.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Ánimo a tod@s! Aínda que a profesora non valore o suficiente o traballo feito para a asignatura que sepades que os compañeiros de clase que non escollemos Infografía vos apoiamos e que sabemos que traballachedes moito, que tivechedes que recorrer a tutoriais sobre os programas para facer os infográficos e que os traballos para expoñer vos levaron moito tempo. Algúns de vos incluso un tempo escaso xa que estamos en cuarto e moitos tendes prácticas en empresas. É unha lástima que non se vos recoñeza tanto traballo.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  6. Notas
    Moisés, 7,5
    Andrea, 6
    Clara,7,5
    Notas provisionais (bocetos, blogs, infografías estáticas e animadas, exposicións teóricas)
    Revisión: mércores 3 de febreiro, de 10:30 a 14:00. Despacho 1.
    marotlo

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas polo interese que mostran por mín e tamén teñen que estar moi agradecidos pola defensa e apoio externo.
    Tamén pareceme ben que se divirtan coas miñas frases tan pouco orixinais.
    marita

    ResponderEliminar
  8. Tra-la lectura das súas valoracións (21), o resumo, e sempe desde a miña lectura, quedaría en:
    - queixas sobre o apartado programas, 15
    - apoio ás súas exposicións e ós blogs, 10, respectivamente
    - máis teoría, 8
    - Rexeito do exame, 6
    - Ben charla con Xaquín, 5
    - Moito traballo, 3
    - En xeral, un grande descontento
    - Propostas: necesidade de teoría, orientación á infografía interactiva, búsqueda dunha pedagoxía axeitada ó ensino da informática, máis traballo centrado na realización de infográficos, reducción de programas informáticos.
    Moitas grazas polo seu esforzo e moitas grazas polas súas opinións.
    marotlo

    ResponderEliminar
  9. Entre as queixas contra o exame, hai algunhas que aluden á inxustiza que supón estudiar cousas que non se explicaron. Polo que, en aras de resolver ese problema e como hai u número relevante de persoas que apoiaron as exposicións, entón o exame estará centrado únicamente sobre os contidos elaborados por vostedes e os debates.
    Moitas grazas
    marotlo

    ResponderEliminar
  10. o exame do día 11 consistirá en 10 preguntas curtas sobre a documentación que lles entreguei.
    marotlo

    ResponderEliminar
  11. Bó, o exame é o día 12, como vostedes ben saben
    marotlo

    ResponderEliminar