martes, 1 de diciembre de 2009

A Torre de Hércules

La Voz de Galicia, un dos diarios máis lidos en Galicia, obtivo en varias ocasións recoñecementos polo seu deseño. De todos eles o que máis me chamou a atención foi unha mención na sexta edición do certame ÑH Lo Mejor del Diseño Periodístico España & Portugal por un infográfico da Torre de Hércules. Un póster chamado La Torre de Hércules, patrimonio de todos, que o xornal entregou cando o monumento coruñés foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. O autor é Xoán G.
Agardo que vos guste.

Misión(s) a Marte

E xa para rematar, deixo un bonito infográfico sobre as diferentes misións ao planeta Marte que me atopei por aí.


Canon dixital

Tamén aproveito para subir hoxe as propostas que fixeramos ao comezo do curso para o asunto do canon dixital.

Infográficos sobre o paro

O primeiro infográfico fai referencia a como se reparte porcentualmente o paro en España segundo a idade e o sexo. O INE, a través da EPA, só ten en conta catro grupos de idade: dos 16 aos 19 anos; dos 20 aos 24; dos 25 aos 54 e dos 55 en diante. Así, a maioría dos parados (igual que a poboación activa), está na franxa de idade dos 25 aos 54.
Buscarei outros estudos nos que as franxas de idade sexan máis pequenas, para ver como afecta realmente o paro ás mulleres e aos homes segundo a súa idade.

Neste outro gráfico móstrase o número de traballadores que perderon o seu posto por mor dun ERE en Galicia, desde abril de 2008 ata setembro deste ano.



IPI

Aquí deixo o pouco que se me ocorreu para o infográfico da crise. A verdade é que non quería facer o mesmo que fixera Xaquín, nin tampouco pór un mapa de Europa así sen máis.
O problema está en que as cifras son as cifras, e nestes casos hai poucos xeitos de representalas nunha gráfica.

Na miña primeira opción, despois de desbotar a idea do mapa de Europa e de tentar facer algo diferente ao que de Xaquín, saíu isto, que non deixa de ser unha táboa un pouco adornada.

O que fixen foi pór en contraste a variación do IPI da Zona Euro coa de España. Se hai un incremento do IPI, a cifra está en verde; se descende, en vermello. Ademais tamén hai uns pequenos comentarios.

De todos os xeitos, e como xa dixen, isto non ten aspecto de infográfico, así que fixen outro cos mesmos datos.

O que tentei foi que se puidese ver a diferenza de valores, a súa distancia e evolución diferente.

Facer infográficos non é nada doado. E non o digo só polo seu deseño en si (que á vista está que o debuxo non é o meu forte, malia que hei de dicir na miña defensa que non teño o material axeitado), senón que o digo especialmente polo contido. Ou sexa, que se vai contar e logo como o imos contar, e non ao revés. Se o que vas contar non é atractivo ou interesante, por moito que o adornes, seguirá carecendo de interese.

lunes, 30 de noviembre de 2009

La loncha perfecta de jamón



A comienzos del curso, allá por mediados de octubre, Marita nos propuso la creación de un infográfico sobre el jamón serrano. Pues gracias a nuestras bitácoras, todo el mundo podrá contemplar los resultados de aquella clase.


Y hablando de un buen corte de jamón, aquí os dejamos un vídeo de lo más ilustrativo. Buen apetito!

Europa sale de la crisis, España sigue en recesión


-12/-10

-10/-8

-8/-6

-6/-4

-4/-2

-2/0

0/2


Con los datos proporcionados por EUROSTAT, el infográfico propuesto por Xaquín consistiría en un mapa de la Unión Europea en el que, mediante una leyenda de colores, se agruparan los países según el rango de crecimiento (negativo y positivo).


Como complemento para un infográfico dinámico, este mapa se mostraría cambiante mediante una línea cronológica, que visualice cada uno de los trimestres representados en el gráfico (primer trimestre del 2009, segundo trimestre del 2009, tercer trimestre del 2009). Así, el usuario podrá ver la evolución del PIB arrastrando el ratón sobre la barra de un trimestre a otro.