Mostrando entradas con la etiqueta infográfico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta infográfico. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de diciembre de 2009

A loncha perfecta (again)

Velaí vos vai outro infográfico de La Vanguardia sobre como cortar o xamón.
Con tanto infográfico xa todos deberíamos saber cortalo como profesionais. Porén, hai un millón de xamóns ibéricos sen vender! (na noticia tamén hai un infográfico semellante).

martes, 1 de diciembre de 2009

Canon dixital

Tamén aproveito para subir hoxe as propostas que fixeramos ao comezo do curso para o asunto do canon dixital.

IPI

Aquí deixo o pouco que se me ocorreu para o infográfico da crise. A verdade é que non quería facer o mesmo que fixera Xaquín, nin tampouco pór un mapa de Europa así sen máis.
O problema está en que as cifras son as cifras, e nestes casos hai poucos xeitos de representalas nunha gráfica.

Na miña primeira opción, despois de desbotar a idea do mapa de Europa e de tentar facer algo diferente ao que de Xaquín, saíu isto, que non deixa de ser unha táboa un pouco adornada.

O que fixen foi pór en contraste a variación do IPI da Zona Euro coa de España. Se hai un incremento do IPI, a cifra está en verde; se descende, en vermello. Ademais tamén hai uns pequenos comentarios.

De todos os xeitos, e como xa dixen, isto non ten aspecto de infográfico, así que fixen outro cos mesmos datos.

O que tentei foi que se puidese ver a diferenza de valores, a súa distancia e evolución diferente.

Facer infográficos non é nada doado. E non o digo só polo seu deseño en si (que á vista está que o debuxo non é o meu forte, malia que hei de dicir na miña defensa que non teño o material axeitado), senón que o digo especialmente polo contido. Ou sexa, que se vai contar e logo como o imos contar, e non ao revés. Se o que vas contar non é atractivo ou interesante, por moito que o adornes, seguirá carecendo de interese.

domingo, 22 de noviembre de 2009

Viño vello


E para os que non queiran cerveza, un bo viño entón.


Como tirar ben unha caña




Estrenábamos o curso cun infográfico sobre como se debe cortar ben un xamón.


Agora vos deixo outro para que acompañedes as tapas cun bo grolo de cerveza. Bo proveito!